TORNEO DE FÚTBOL SALA MIXTO XOÁN MONTES

Competición de Fútbol sala . 8 participantes
IES XOÁN MONTES
Descripción
BASES - REGULAMENTO LIGA FÚTBOL SALA IES XOÁN MONTES

1. O torneo de fútbol sala do IES Xoán Montes levarase a cabo durante os meses de Maio e Xuño.
2. Os equipos serán mixtos e estarán formados por un máximo de 8 membros dos cales, como mínimo, 3 deben ser mulleres. Os equipos poderán formarse con alumnos e alumnas de calquera curso da ESO.
3. Os partidos xogaranse no recreo, de luns a venres. O comezo de cada encontro será as 11.35 e finalizará ás 11.55.
4. En cada equipo participará un máximo de 5 xogadores simultaneamente, dos cales, polo menos,1 debe ser muller. Polo tanto, durante todo o encontro debe haber, polo menos, unha xogadora de cada equipo no campo.
5. Poderanse facer un número ilimitado de cambios durante os encontros. Para realizalo cambio, deberá sair o xogador/a substiuido/a antes de incorporarse o/a novo/a xogador/a.
6. Cada equipo,deberá nomear, un CAPITÁN, que se encargará das funcións de representación do equipo ó longo do torneo, un ÁRBITRO que formará parte do equipo de árbitros que dirixirá os encontros e un RESPONSABLE DE PRENSA, que terá como misión redactar e colgar na páxina do torneo información dos partidos que dispute o seu equipo. Unha mesma persoa non poderá realizar máis dunha función.
7. Os árbitros serán asignados para dirixir os diferentes encontros que conforman o calendario, unha vez que este se concrete. A súa función será aplicar o regulamento básico que se deseñará para o evento. Recollerá tódalas incidencias que observe na acta do encontro xunto co resultado final do mesmo e entregará esa acta á organización do torneo. A non asistencia do árbitro ó partido asignado, suporá a perda dun punto (-1 punto) ó seu equipo na clasificación.
8. Os capitáns dos equipos participantes, actuando de xeito conxunto, encargaranse das decisións disciplinarias que sexa necesario tomar, si se da o caso. Serán convocados pola organización do torneo e tomarán colexiadamente tódalas decisións.
9. Os responsable de prensa deberán redactar unha nota de prensa que engadirán como comentario na web que se vai a utilizar para o control e xestión do campionato (www.xporty.com). Ó finalizar cada encontro, os responsables de prensa deberán acceder á web e escribir unha reseña do encontro. A non realización desta tarefa nun prazo de 2 dias, contados a partir da data do encontro, suporá unha penalización para o equipo de un punto (-1 punto) na clasificación do equipo. Aqueles comentarios que destaquen pola súa elaboración, creatividade e correción, serán bonificados con un punto (+1 punto) na clasificación do equipo.
10. Os partidos gañados suporán 3 puntos para o equipo gañador do encontro. Os partidos empatados fan sumar 1 punto a cada un dos equipos enfrontados.
11. Non presentarse a un partido suporá un resultado de 3-0 para o equipo que si se presenteu e, polo tanto, a victoria nese encontro.
12. Si un equipo non se presenta ó encontro con ningunha rapaza, non poderá comezalo encontro e disporá de 5 minutos para resolvela situación, despois dos cales, se considerará como NON PRESENTADO.
13. Si un equipo infrinxe a regra de equipo mixto durante un encontro, pitarase falta e deterase o xogo, ata que se solucione esa situación.
.
Clasificación
P Equipo P PJ PG PP PE GF GC DG
17 6 6 0 0 27 9 18
15 6 4 2 0 12 9 3
8 7 5 1 1 27 12 15
8 5 3 1 1 10 5 5
8 7 2 4 1 12 23 -11
6 7 2 4 1 19 25 -6
0 7 1 5 1 15 22 -7
-6 7 0 6 1 7 24 -17
Clasificación ordenada por: Puntos (Enfrentamiento directo), Diferencia de goles, Goles marcados.
Ganados: 3 punto(s).
Empatados: 1 punto(s).
.
Noticias
MDM SUEÑA CON EL PRIMER PUESTO

MDM SUEÑA CON EL PRIMER PUESTO

17 de junio de 2017

LEONES FC 1 - 3 MDM

LEONES FC 1 - 3 MDM

17 de junio de 2017

MDM SE SIENTE CÓMODO

MDM SE SIENTE CÓMODO

13 de junio de 2017

chispitas1-1leonescf

chispitas1-1leonescf

12 de junio de 2017

.