IES RODEIRA 18/19

Competición de Fútbol sala . 27 participantes
Resultado
lunes, 20 de mayo de 2019 11:00
Javier Pereira Rivas (2), Jorge Guimeráns Lorenzo (1)
Aarón Lemos Rasoavololona (1), Borja Rodríguez Portela (2)
Jugadores
Jugadores
ALEXANDRE PEQUEÑO MARTÍNEZ
DANIEL LORENZO DACOSTA
DAVID POUSADA RIAL
DIEGO POUSADA RIAL
JAVIER PEREIRA RIVAS
JORGE GUIMERÁNS LORENZO
ÓSCAR GÓMEZ BRIÓN
PABLO AGULLA MIRANDA
RAÚL CORTIZO BERNÁRDEZ
SERGIO PIÑEIRO PIÑEIRO
AARÓN LEMOS RASOAVOLOLONA
AARÓN REFOJOS CASÁS
ANTÓN IGLESIAS VIDAL
ANTONIO SILVEIRA CUADRADO
Borja Rodríguez Portela
BRAIS PAZÓ REY
Iker González
Juan Tenreiro González
MARTÍN BOULLOSA ISLA
NÉSTOR SOTELO GARCÍA
SERGIO LAMAS SOAGE
Acta
Crónica 1º Bach. “B” contra 1º Bach. “D” - 20/05/2019

Colexiado: Martínez Leis

Incidencias: 1-0 (Javier Pereira); 1-1 (Borja Rodríguez); 2-1 (Jorge Guimeráns); 2-2 (Borja Rodríguez); 2-3 (Aarón Lemos); 3-3 (Javier Pereira). Penaltis: 0-0; 1-0; 1-0; 1-0;1-1;1-1;1-1;2-1



1º Bach “B” gaña a penaltis e xogará a gran final

Os de “B” medíronse a 1º Bach. “D” nun derbi emocionante e igualado que se tivo que resolver na lotaría dos penaltis
O segundo partido de semifinais do torneo do IES Rodeira contou cun gran número de espectadores dende a bancada e non era para menos, pois víronse a cara os dous conxuntos de 1º de Bacharelato nun derbi para o recordo.

O encontro comezou coa toma de contacto de ámbolos dous equipos, sen claras ocasións de gol. Aos cinco minutos aproximadamente, Javier Pereira abría o casilleiro rematando ao primer toque o pase de Jorge Guimeráns, tras recuperar o balón. Dende ese momento os ataques de B sucedíanse uns tras outros, tendo que intervir o porteiro Antón en varias ocasións. Nun destes contra ataques, o gardameta de “D” arrebátalle o coiro a Óscar Gómez e sérveo con rapidez para Borja Rodríguez que, cunha sensacional carreira pola banda, poñía as tablas no luminoso. Pero os locais continuaron atacando e sería no minuto 10 cando Jorge Guimeráns firmaría o mellor tanto da mañá: pase dende atrás e remate co calcaño da bota que batía por baixo a Antón. Nos derradeiros minutos serían os de “D” os que intentasen buscar o gol e atoparíano grazas a un dubidoso penalti sobre Borja Rodríguez, que sería transformado por el mesmo. Chegábase ao descanso con 2 a 2.

Á volta dos vestiarios, os visitantes sairían coas ideas máis claras e non cesarían de atacar a portería defendida por Pablo, que salvou ao seu equipo con boas paradas. Pero o gardarredes nada puido facer na gran xogada culminada por Aarón Lemos que poñía por diante a “D”. Pero, a partires do 2-3, o xogo dos visitantes comezaría a verse mermado pola presión dos seus rivais e pola falta de ideas na zona de creación. Dende o minuto 5 da segunda parte o asedio de “B” foi imparable e os visitantes sostiveron a vitoria momentánea grazas ao acerto defensivo e ás intervencións de Antón. Cando só quedaban 5 minutos para o pitido final, Javier Pereira lánzase ao contra ataque e, tras zafarse dos defensas e realizar un amago para recortar ao porteiro, devolvía o empate.

Chegábase pois aos penaltis. O primeiro en lanzar foi Borja Rodríguez. O seu lanzamento á esquerda é detido por Pablo; quenda para Javier Pereira que non falla; segundo penalti para “D”. Esta vez é Aarón Lemos que tira ao mesmo lado que no anterior penalti, e volve ser detido por Pablo; tira Daniel Lorenzo para os locais e o seu disparo repéleo Antón. Con 1-0 Aarón Refojos disponse a tirar. Esta vez consegue enganar a Pablo cun potente disparo á dereita. Con 1-1 se Jorge Guimeráns marca, os locais pasan a final. Tiro a media altura á esquerda que consegue sacar Antón Iglesias; tócalle a Juan Tenreiro que envía o balón fóra e con el gran parte das aspiracións de “D”. O penalti de Óscar Gómez pode ser definitivo. Se marca o 2 a 1 o seu equipo pasa á final. Tiro potente ó medio, ao que nada pode facer Antón.

A ledicia dos de “B” é inmensa, pois clasifícanse para a final contra todo pronóstico. Esta vez o fútbol foi cruel con “D”, un equipo que propuxo un xogo moi vertixinoso e combinativo, pero que perdeu a penaltis contra un digno rival e digno vencedor. Noraboa para os gañadores que se verán as caras na gran final contra 2º Bach. “D”.
Fotos
Sin resultados.
.