IES RODEIRA 18/19

Competición de Fútbol sala . 27 participantes
Resultado
lunes, 4 de febrero de 2019 11:00
PAVILLÓN IES RODEIRA, AV/ OURENSE S/N, Cangas, España
C. Javier Hermelo Martínez (2), Nicolás Fandiño Jalda (1)
Abel Pastoriza Vilas (1), José Estévez Cordeiro (1), Guillermo Carballido Rodríguez (1)
Jugadores
Jugadores
ANXO OTERO GONZÁLEZ
C. JAVIER HERMELO MARTÍNEZ
JULIO GÓMEZ JALDA
MANUEL OLIVEIRA PIÑEIRO
MARCOS PÉREZ PERALES
NICOLÁS FANDIÑO JALDA
ÓSCAR SÁNCHEZ MARTÍNEZ
XABIER DACUNHA OTERO
ABEL PASTORIZA VILAS
DAVID FERNÁNDEZ IGLESIAS
GUILLERMO CARBALLIDO RODRÍGUEZ
HUGO AVILÉS PORTELA
IAGO SANTOMÉ LOVERA
JOSÉ ESTÉVEZ CORDEIRO
MARCOS AGULLA MIRANDA
MAURO VIDAL ANTEPAZO
TRISTÁN GONZÁLEZ GONZÁLEZ
Acta
Vibrante encontro en Rodeira
Empate a 3 goles no partido entre 2º BACH “D” e 2º BACH “A e B”
Cangas, 4 de febreiro de 2019

Igualdade máxima no partido disputado o luns 4 de febreiro que enfrentou aos dous equipos de 2º de Bacharelato. Cheo completo no pavillón de Rodeira para ver un dos derbis do ano, que, como tal, non defraudou ao público asistente.

O encontro comezou cun ritmo pausado pola actitude que tomaron ámbolos dous equipos, onde ninguén arriscaba un pase ou tiraba a porta. A falta de dez minutos para o descanso, Javier Hermelo abría o marcador nunha boa xogada do equipo local, onde o ala cangués batía por baixo ao porteiro Tristán. A escasos minutos do final da primeira parte, sería Abel Pastoriza quen igualase a contenda cun disparo inapelable ao que nada puido facer o gardameta Manuel Oliveira.

Na reanudación do partido, os visitantes voltaron dos vestiarios cun xogo moi vertical que os levaría a tomar vantaxe no marcador cun sensacional tanto do engache ponteareano Guillermo Carballido, que, tras unha xogada individual polo carril esquerdo, picou o coiro por riba do gardarredes local. Este veterano xogador amosou a súa calidade e experiencia mostrando que está a pasar por unha segunda xuventude. Establecíase o 1-2, pero a ledicia íalle durar pouco ao conxunto de “A e B”, pois apenas un minuto despois, Javi Hermelo batía por segunda vez o arco rival, esta vez con Marcos Agulla entre os paus. A intensidade foi máxima nos minutos seguintes e había moita tensión entre os xogadores e o colexiado por algunha xogada polémica.

A cinco minutos para o remate do partido, Nicolás Fandiño devolvía a victoria momentánea dos locais; mais a dous minutos do remate Jose Estévez chutaba o esférico con rabia a porta valeira tras unha parede cun compañeiro. O partido remataba como empezou, cun empate.

Alén disto, a hinchada disfrutou dun gran enfrontamento, probablemente, dos mellores deste ano onde o equipo de 2º BACH “D” a priori favorito para levar a vitoria e consolidar o liderato no grupo B, non foi quen de pasar do empate contra un moi bo 2º BACH “A e B” que alcanza a segunda posición da táboa.

FICHA TÉCNICA

Resultado: 3 – 3

Alineacións:

2º BACH “D” 3: Manuel Oliveira Piñeiro; Óscar Sánchez Martínez, Julio Gómez Jalda; C. Javier Hermelo Martínez e Xabier Dacunha Otero. Tamén xogaron: Nicolás Fandiño Jalda

2º BACH “A e B” 3: Tristán González González; David Fernández Iglesias, Abel Pastoriza Vilas; Iago Santomé Lovera; José Estévez Cordeiro. Tamén xogaron: Guillermo Carballido Rodríguez; Marcos Agulla Miranda e Mauro Vidal Antepazo.

Colexiado: Iglesias Vidal


Incidencias: 1-0 (Javier Hermelo); 1-1 (Abel Pastoriza); 1-2 (Guillermo Carballido); 2-2(Javier Hermelo); 3-2 (Nicolás Fandiño); 3-3 (José Estévez).

Estadio: IES de Rodeira
Fotos
Sin resultados.
.