CAMPEONATO DE FÚTBOL SALA IES RODEIRA 2017-18

Competición de Fútbol sala . 27 participantes
Resultado
miércoles, 28 de febrero de 2018 11:00
PAVILLÓN IES RODEIRA, AV/ OURENSE S/N, Cangas, España
Iván Méndez (2), Julio Gómez (1), Javier Hermelo (2)
Brian Fernández (2), David Vidal (1)
Jugadores
Jugadores
Roi Abalo (1)
Oscar Sánchez (2)
Iván Méndez (3)
Javier Hermelo (4)
Nicolás T. Fandiño (6)
Saúl Parada (7)
José Carlos Ferradás (8)
Julio Gómez (10)
Luís Miguel Pastoriza (1)
Brian Fernández (2)
Aarón Salgado (3)
David Vidal (4)
Iago García (5)
Fernando Soliño (6)
Pedro Otero (7)
Víctor Novas (8)
Yeray Sánchez (9)
André Fandiño (10)
Acta
Grandes expectativas cerníanse de novo sobre o pabillón do IES Rodeira o 28 de febreiro. Como en moitos outros partidos, as gradas estaban cheas de espectadores ansiosos por ver outro dos partidos que estaban a disputar os rapaces e rapazas de todo o instituto, esta vez, 1º de Bacharelato C contra o ciclo formativo de Telecomunicacións.
O rebumbio de todos os asistentes comezou unha vez o sonido do chifre reberberou contra as paredes e o balón rodou por primeira vez, como se acabásemos de darlle máis volume ao noso televisor. Comezaron con forza, con ganas. Pasábanse o esférico en busca dun camiño que os levase á meta e a conseguir o codizado premio que ambos equipos querían: marcar un gol. Ese gol que os diferenciaría do outro equipo e que lles acercaba máis á vitoria. O equipo de bacharelato atacaba con forza, pero Telecomunicacións tiña unha táctica clara, xa que en canto a pelota estaba preto da portería, formaban unha barreira inexpugnable, provocando moitas dificultades.
Pero, máis cedo ou máis tarde, facéndose de rogar, o primeiro gol chegou, e foi a favor do equipo de Bacharelato. A resignación reinaba nas caras dos rivais, o que se puido traducir como unha especie de frustración por non marcar os primeiros. Pero non se deron por vencidos, xa que deseguido e despois doutro gol de Bacharelato, chegou o gol de Telecomunicacións.
A continuación, houbo unha sucesión de ataques, presións e finalmente, victoria e derrota. Ambas partes do partido foron moi intensas e incluso fixeron que en moitas ocasións a tensión invadira aos espectadores, que berrasen ou incluso se levantasen dos seus asentos.
Compañeiros e compañeiras, rapaces e rapazas, todos unidos a pesar de que non todos querían a victoria dun e a derrota doutros. O deporte une, iso está claro e por iso, cando o partido rematou e o marcador determinou un resultado a favor do equipo de Bacharelato, a diplomacia saiu a frote. Os dous equipos protagonizaron unha imaxe de deportividade e felicidade, o que sempre debería ocorrer en calquera deporte de equipo, a imaxe de que hoxe en día tamén se pode disfrutar co simple feito de darlle unha patada a un balón e pasalo ben, que foi o que realmente fixeron os rapaces: xogar ao fútbol.
Fotos
Sin resultados.
.