CAMPEONATO DE FÚTBOL SALA IES RODEIRA 2016-17
Competición de Fútbol sala . 34 participantesBACHARELATO E CICLOS FORMATIVOS: FASE DE GRUPOS - Grupo B
Jornada 2
Resultado
jueves, 15 de diciembre de 2016 10:10
PAVILLÓN IES RODEIRA, AV/ OURENSE S/N, Cangas, España

Alberto Fernández (1), Álvaro Gallego (2)
Mauro Pardavila (1), Salvador Castro (1)
Jugadores
Jugadores
ADRIÁN ENRÍQUEZ (1)
IGNACIO NOVELLE (2)
MATEO BLANCO (3)
ABEL LOVERA (4)
DENÍS SOTELO (5)
ÁLVARO GALLEGO (6)
ALBERTO FERNÁNDEZ (10)
JUÁN ENTENZA (1)
MAURO PARDAVILA (2)
ERÍN MOLANES (3)
CARLOS VELOSO (4)
RODRIGO VILLAR (5)
SAÚL GONZÁLEZ (6)
DANIEL GESTIDO (7)
BRAIS DURÁN (8)
SALVADOR CASTRO (9)
ÓSCAR FERNÁNDEZ (10)
Acta
Crónica do partido 2ºBach mixto contra 1ºBach B.
Resultado final: 3-2
O partido que se desputou o día 15 de decembro no pavillón de Rodeira, enfrontaba aos dous equipos máis fortes, “a priori”, do grupo B.
Ambos conxuntos chegaban sen baixas nos seus planteis ao primeiro encontro. Despois dos cinco primeiros minutos de dominio do equipo de 2º de bacharelato chegou o primeiro gol nunha xogada ao contrataque. Tras o gol, o equipo de 1º de bacharelato foi quen tomou a iniciativa no ataque e quen tiña as ocasións máis claras de gol, e así, tras dúas estratosféricas paradas, na terceira, o porteiro de 2º de bacharelato non puido facer nada ante o certeiro remate do dianteiro do equipo rival, e con isto estableceuse o empate no marcador.
A grada roxe a favor do equipo máis xove, e estes co furor de ter empatado e mailo empuxe dos afeccionados logran rapidamente un segundo tanto. Logo, souberon defender ben e agantar a odisea que foi o remate do primeiro tempo, para irse ao descanso por diante no marcador.
A segunda parte estaba a piques de comezar cando un dos mellores xogadores do equipo de 1º de bacharelato non puido comezar a segunda parte debido a unhas molestias, e entra no seu lugar un xogador máis novo pero tamén máis inexperto futbolisticamente. Os maiores, cun sector da afección a favor, logran empatar rápidamente mediante unha ben trenzada e rápida contra, e non pasan nin tres minutos cando se volven a pór por diante no marcador grazas a unha gran xogada combinativa preto da área rival. O equipo de 1º de bachillerato gozou de ocasións claras de gol despois de ir en desvantaxe no marcador, pero uns grandes últimos minutos do porteiro e da defensa de 2º de bacharelato fixeron que o partido rematase con victoria para estes.
En conclusión, foi un partido extremadamente rifado no que ningún equipo tivo un claro control do xogo. Un encontro moi atractivo para os siareiros espectadores do mesmo, o que ao final vén sendo o importante, pois partidos coma este son os que fan verdadeira afección!
CRONISTA: Alberto Fernández

Fotos
Sin resultados.