CAMPEONATO DE FÚTBOL SALA IES RODEIRA 2016-17
Competición de Fútbol sala . 34 participantesBACHARELATO E CICLOS FORMATIVOS: FASE DE GRUPOS - Grupo A
Jornada 8
Resultado
jueves, 9 de febrero de 2017 10:10
PAVILLÓN IES RODEIRA, AV/ OURENSE S/N, Cangas, España

David Seoane (2), Daniel Ribal (1)
Marcos Durán (1), Pablo Hermelo (1), Rubén Abuín (3)
Jugadores
Jugadores
Diego Rodríguez (3)
DANIEL RIBAL (6)
MIGUEL ÁNGEL CASÁS (8)
BRAYAN LÓPEZ (9)
BRAIS DA VILA (10)
ALÉN SANTOMÉ (11)
DAVID SEOANE (13)
KERIEN CAMERI CÁRDENAS (15)
IVÁN SANTOMÉ (19)
MIGUEL MALVIDO (21)
TANIA CHAPELA (22)
LUCAS CAMPOS (1)
RUBÉN ABUÍN (2)
PABLO HERMELO (3)
MOISÉS OTERO (4)
MARCOS DURÁN (5)
JOSÉ CARRACELAS (10)
Acta
VITORIA DE 2º DE BACHARELATO CONTRA 1ºCMXA
O combinado de 2º de Bacharelato B e C venceu por 5-3 ao equipo de 1ºCMXA nun disputado partido con momentos brillantes e alternativas no xogo.
O equipo e Administrativo comezou cunha táctica conservadora intentando conter a saída agresiva dos de bacharelato. Despois de intensos minutos de loita, Rubén Abuín “Spunky” rompeu a defensa cunha fermosísima xogada individual con dous “sombreiros”sobre os rivais para logo apoiarse nunha parede cun compañeiro e disparar entre a maraña de pernas dos adversarios que impediu que o porteiro puidese atallar o balón pegado ao pai.
O ritmo do partido continuou igual, os de segundo movendo o balón e os de administrativo ben colocados. O movemento de balón foi pouco a pouco erosionando a muralla ben colocada dos de primeiro, cun Diego inmenso na portería.
Spunki conseguiu enviar o balón ao fondo das redes pero foi anulado pois foi consecuencia dun saque de banda que ninguén tocou.
O esforzo defensivo dos de Administrativo vai ter a súa recompensa nun rápido contraataque. Miguel Casás roubou a pelota, sae coma un lóstrego cara a meta contraria, pasa cara a dereita a Iván Santome quen asiste a David Seone quen bate ao porteiro por baixo e consegue igualar o marcador.
Un novo roubo de Miguel Casás, vai propiciar un pase ao espazo cara David Seoane quen non logra impoñerse ao porteiro no man a man.
Con este empate rematou a primeira parte.
Nada máis comezar a segunda parte, nunha nova xogada individual, Spunky consegue canear a dous adversarios e superar ao porteiro no un contra un, e adianta o seu equipo.
Unha perda de balón dos de primeiro propicia unha nova oportunidade que Spunky aproveita, colocando o 1-3 no marcador.
Os de administrativo intentaron cambiar o rumbo do partido colocando a Diego Rodríguez na zaga e a Miguel Malvido como gardameta.
Despois dun saque de banda ao segundo pau, Marcos Durán remata na área pequena, o meta despexa o balón que volve tropezar no de segundo que logra o 1-4 para o seu equipo.
Os de Administrativo non se resignaron e Brais da Vila recuperou un balón e mete o balón ao centro da área onde David Seoane con moita habilidade deixa pasar o balón. Marcos Durán apenas pode chegar para despexar o gol pero o balón volve aos dominios de David Seoane quen marca de cabeza e coloca o marcador 2-4.
O partido perdeu a orde e converteuse nun intercambio de golpes. Nun contraataque Moisés Otero recibe un preciso pase ao oco e define con sangue fría superando a Miguel Malvido cun balón colocado na cepa do poste. Aumentando a distancia dos de bacharelato.
MIGUEL MALVIDO

Fotos
Sin resultados.