CAMPEONATO DE FÚTBOL SALA IES RODEIRA 2016-17

Competición de Fútbol sala . 34 participantes
Resultado
viernes, 9 de diciembre de 2016 10:10
PAVILLÓN IES RODEIRA, AV/ OURENSE S/N, Cangas, España
Antonio Nerga (1), Amable Lorenzo (9), Adrián Martínez (1), Rodrigo Bermúdez (1)
Daniel Ribal (2)
Jugadores
Jugadores
SIMÓN BERTO (2)
JUÁN JOSÉ MARTÍNEZ (3)
ANTONIO NERGA (4)
RODRIGO BERMÚDEZ (5)
ADRIÁN MARTÍNEZ (6)
JUÁN DAVID MOLANES (7)
AMABLE LORENZO (10)
Daniel Soliño
DANIEL RIBAL (6)
MIGUEL ÁNGEL CASÁS (8)
BRAYAN LÓPEZ (9)
BRAIS DA VILA (10)
ALÉN SANTOMÉ (11)
DAVID SEOANE (13)
KERIEN CAMERI CÁRDENAS (15)
IVÁN SANTOMÉ (19)
MIGUEL MALVIDO (21)
TANIA CHAPELA (22)
Acta
VITORIA DE FPB/CMXA/CMTC FRONTE OS DE 1º CMXA
O pasado venres celebrouse o encontro entre FPB+ e 1º de CMXA que rematou cunha contundente goleada por parte dos primeiros.
O partido iniciouse cun contundente 3-0 a favor dos FPB+, cando apenas se levaban cinco minutos. Pouco despois os CXMA parecían remontar cun gol de Daniel Ribal, máis coñecido por “Chicho”, mais foi un espellismo pois en toda a primeira parte non volverían marcar.
A reacción dos FPB+ non se fixo agardar. Amable chegaba unha e outra vez a unha velocidade que deixaba en completo ridículo a Usain Bolt e nunha desas arrancada, o hábil xogador marcou o cuarto gol cun espléndido chupinazo.
A piques de rematar o primeiro tempo, o incansable Amable, seguía a se mover ao ritmo que marcaba un público entusiasta que non paraba de aclamalo. E, como non podía ser doutro xeito, ocorreu o esperado, os FPB+ anotaron un novo tanto, rematando así con todas as esperanzas dos seus adversarios. De modo que o resultado á fin da primeira metade non puido ser máis contundente. 7-1 a prol dos FPB+
No segundo tempo agardábase a reacción dos que ían por debaixo no marcador. Os CMXA soñaban con espertar nun soño e facerse donos do campo, defendendo a súa área e con que o seu porteiro non permitise a entrada de ningún balón intruso. Desexaban unha segunda parte emocionante, que cada disparo a portería deixara sen alento os espectadores, mais as expectativas quedaron moi lonxe da realidade.
Ben é verdade que os CMXA contaron con importantes baixas e tiveron que contar coa presenza de tres novos xogadores entre os que se contaba o mancado Malvido que resistiu bravamente malia o seu malestar.
Amable continuou a súa loita por conquistar o pichichi con catro novos goles, que sumou aos cinco do primeiro tempo. Tania, a nova cérbera dos CMXA, tivo algo de responsabilidade nesa diminución do número de goles.
En fin, que os CMXA só puideron consolarse cun novo gol de Chicho nun contundente 12-2 final.
Sen dúbida haberá que felicitar os gañadores, pero tamén aos que bravamente loitaron na adversidade, seguro que con mellor adestramento e coordinación, mellorarán nos seguintes partidos.
CRONISTA: Kerien C. Cárdenas
Fotos
Sin resultados.
.